28/06/11

Postura do BNG perante a proposta de soldo do alcalde do Valadouro

Exposición de motivos:
● Dende o BNG en principio non nos opoñemos a que un alcalde teña un salario.
Se os alcaldes non teñen salarios, so poderían ser elixidos como alcaldes os
ricos ou terratenentes,
e dende o BNG cremos que calquera pode ser alcalde con
independencia da súa clase social ou da súa riqueza.
Cando alguén recibe un salario, debe render no seu traballo, e os políticos non
poden ser unha excepción
. Cando un traballa, por exemplo, como mecánico debe
arranxar coches, e cando un é directivo debe cumprir uns obxectivos. E un alcalde no
fondo é un directivo.
● Nas empresas privadas, para a retribución dos directivos empregase a dirección por
obxectivo
s: a un directivo márcanselle uns obxectivos e cobra en función de que
cumpra con eses obxectivos ou non.
● Coa anterior Administración autonómica existía un proxecto de polígono industrial,
que xa se encontraba na fase de aprobación polo concello do Valadouro, e que a
Administración do PP paralizou en canto chegou o goberno.
Para o BNG do Valadouro o polígono é un obxectivo fundamental, e que figuraba
no programa de todos os partidos políticos que se presentaron ás anteriores eleccións.
● Dende o BNG contemplamos con preocupación como na última reunión que mantivo
o alcalde coa delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, falouse dunha serie de
investimentos pero non se falou do Polígono Industrial do Valadouro.

Por todo isto:
O BNG apoiará o salario do Alcalde do BNG unicamente se este se compromete
publicamente a desbloquear o Polígono Industrial do Valadouro no prazo dun
ano.
● Se no prazo dun ano e medio o polígono industrial segue paralizado, dende
o BNG consideraremos que o alcalde non está cumprindo cos obxectivos e
solicitaremos e apoiaremos a retirada do soldo ao alcalde.

0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada